Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do acto de clausura das escolas deportivas de patinaxe da deputación de Pontevedra

21/05/2013

Martes, 21 de maio de 2013. O mércores 22, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do acto de clausura das Escolas Deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra, que desenvolvérase o próximo sábado 25, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

 

A presentación correrá a cargo do Alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez, da Deputada Provincial de Deportes da Deputación de Pontevedra, Begoña Estévez, do Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, así como do Coordinador das EEDD da Deputación de Pontevedra, Francisco Teixeira.