Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra en Tui

2/10/2012

Máis de 400 nenos e nenas participarán en patinaxe, fútbol e balonmán.

 

Mañá mércores 3 de outubro, ás 17.00 horas, no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui, presentaranse as Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui.

 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, os deputados Provinciais, Begoña Estévez e Pablo Baquero, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, e os responsables das Federacións Galegas de Patinaxe, Balonmán e Fútbol, así como os responsables do Club Balonmán Tui e Club Deportivo Ribadelouro.

 

Dende o Concello de Tui invítase a esta presentación a todos os pais e nais dos nenos e nenas inscritos nestas escolas deportivas.

 

Escola Deportiva de Patinaxe

 

Respecto a actividade de patinaxe, o responsable da Federación Galega de Patinaxe, Alberto Covelo, manterá unha reunión cos pais e nais dos nenos e nenas inscritos nesta actividade, co fin de informar dos horarios e grupos establecidos. Presentará, así mesmo, á monitora que levará os grupos este ano.

 

Informar que todos os nenos e nenas inscritos durante o período de inscrición foron admitidos nesta nova tempada.

 

Escola Deportiva de Fútbol e Balonmán

 

Os responsables do club Balonmán Tui e do Club Deportivo Ribadelouro informarán dos horarios establecidos para os diferentes grupos de adestramento.

 

Para o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, con esta ampla oferta das escolas deportivas que patrocina a Deputación Provincial en colaboración coas entidades deportivas locais e que abranguen a mais de 400 nenos e nenas O Concello de Tui traballa a prol do deporte base. Amais estas actividades son completamente gratuítas para os nenos e nenas participantes.