Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación das actividades deportivas de San Telmo

22/04/2014

Martes, 22 de abril. Mañá mércores 23 de abril, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do programa deportivo das Festas de San Telmo 2014, no que terá lugar a Carreira de San Telmo, III Tenis na rúa, III Trofeo Xadrez San Telmo, a Andaina Saudable “Alto do Coello” e os partidos solidarios de fútbol sala.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, do concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, do presidente da comisión das festas, Francisco Javier Rodríguez, o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, o presidente do Club Tenis Tui, David Vidal, o presidente do Club Xadrez Tui, Luís Fernández, Mercedes Martín, responsable de VerdeAzul, o responsable do equipo de fútbol sala A Carballeira FS, Javier Reboresa, así como o presidente de SOS Baixo Miño, José Quinteiro.