Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da XXII Feira do Libro Galego

13/05/2019

Mañá martes, 14 de maio, ás 11.00h terá lugar na sala de concelleiros do Concello de Tui a presentación da XXII Feira do Libro Galego de Tui que se celebrará este venres, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas.

Na presentación estarán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, e representantes das librerías colaboradoras, Espazo Lector Nobel e Librerías Iris.