Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da XII Marcha Btt Monte Aloia

29/04/2014

 Martes, 29 de abril. Maña mércores,  30 de abril, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación da XII Marcha BTT Monte Aloia, proba deportiva popular de ciclismo de montaña, organizada pola Asociación de Veciños A Lavandeira, en colaboración co Club MTB Aloia e o Concello de Tui, que se celebrará o domingo 11 de maio, dende o complexo deportivo da Macoca (Pazos de Reis).

Na mesma estarán presentes o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, e os responsables da Asociación de Veciños a Lavandeira e do Club MTB Aloia.