Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Big Ride 2013

13/06/2013

13 de xuño de 2013. Mañá venres 14 de xuño, ás 11.00 horas, no Parador de Tui, presentarase a proba do campionato nacional Open de España de Enduro  BIG RIDE TUI 2013 powered by Cannondale.

 

No acto estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o responsable de Sherpa Project, Guti Martín, e o campión do Mundo da especialidade, Jerome Clementz.

 

BIG RIDE TUI é unha  proba deportiva de bicicleta de montaña, na modalidade de enduro, organizada pola empresa tudense SHERPA PROJECT, en colaboración co Concello de Tui, e co patrocinio de CANNONDALE, que se celebrará o sábado 15 e o domingo 16 de xuño, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

 

Cerca de 200 corredores xa están confirmados para competir nesta competición, entre eles o campión do mundo Jerome Clementz, o californiano Ben Cruz, a francesa Pauline Dieffenthaler, o  inglés Aidan Bishop ou o campión nacional Tony Pérez.