Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Policía Local e Protección Civil de Tui fórmanse nun curso de Soporte Vital Básico

16/09/2019

Efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Tui realizaron nos últimos días un curso sobre “Soporte Vital Básico”.

Catro axentes da Políca Local e catro voluntarios de Protección Civil formáronse durante horas en técnicas de reanimación, RCP, pondo en práctica a teoría en maniquíes de reanimación tanto de persoas adultas coma de bebés. Ao tempo aprenderon cómo facer o uso correcto dos desfibriladores dos que están dotados as instalacións deportivas municipais e as propias instalacións da Policía Local.

Con este curso dende a concellería de Seguridade búscase dotar tanto á Policía Local, coma a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da formación necesaria para poder actuar ante calquera emerxencia, neste caso concreto de carácter médico.