Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Patapatúm" é o título da obra que este venres Elefante Elegante presenta no Teatro Municipal de Tui

6/02/2019

A cita será ás 20h para público familiar.

Este venres, 8 de febreiro, ás 20h chega ao Teatro Municipal de Tui  a compañía Elefante Elegante para pór en escena unha obra para público familiar titulada "Patapatúm".

María Torres, Gonçalo Guerreiro son os autores da obra, que tamén dirixen xunto a Pablo Sánchez. Amais María Torres e Gonçalo Guerreiro soben ao escenario con Agustín Bolaños, conformando o elenco do espectáculo.

Patapatúm é unha reflexión sobre o tempo, a crianza... un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos.

A banda sonora está inspirada na musica dixieland. Por outra parte a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana.

O espectáculo conta, sen palabras, os agasallos que reciben os nenos e nenas, grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e mesuras, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de febreiro ás 12 h, e este venres, 8 de febreiro, dende ás 18.30 h no despacho de billetes. 

  • Elefante Elegante con "Patapatúm"
  • Data: Venres, 8 de febreiro, ás 20h
  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres 8 de febreiro ás 12 h e o venres, 8 de febreiro, dende ás 18.30h no despacho de billetes
  • Prezos: 4€ e 3€