Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Panamesiana Teatro achega este venres unha aventura para nenos a partir de 3 anos

4/10/2011

“Oh, qué bonito é Panamá” está dirixida por Petra Hofmann

Será a partir das 20h no Teatro Municipal. As entradas custan 3 e 2 euros.

Dentro de programación cultural organizada pola Concellería de Cultura de Tui este venres o Teatro Municipal de Tui acolle a representación da obra “Oh, qué bonito é Panamá” a cargo de Panamesiana Teatro. A obra, con 50 minutos de duración, vai dirixida a público familiar a partir dos tres anos.

Os protagonistas de “Oh, qué bonito é Panamá” son Oso Pequeno e Tigre Pequeno que viven nunha casiña-caravana á beira dun lago. Un día tras atopar unha caixa con olor a plátano  que leva inscrita a palabra “Panamá” de deciden emprender a súa viaxe, e aí comeza a aventura.

Segundo a propia compañía “Oh, qué bonito é Panamá é “un xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos”.

Petra Hofmann dirixe esta montaxe ao tempo que forma parte tamén do elenco de actores xunto a Mónica García e Tomás Lijó.

“Oh, qué bonito é Panamá” xurde tras confluír unha serie de circunstancias coa chegada a Galicia da actriz alemá Petra Hofmann. A súa experiencia na montaxe deste texto de Janosch no teatro nacional alemán, a súa peregrinaxe a Compostela en 2009, e o encontro cos outros membros da compañía deron lugar a montaxe.

As entradas custan 3€ e 2€ e pódense adquirir na web www.culturatui.info, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.

NOTA: Na axenda cultural Corredoira esta obra figura para o venres 21 de outubro xa que houbo en un cambio e a actuación de Pista Catro prevista para este venres 7 adiouse para o 21, de tal xeito que Panamesiana Teatro actúa este venres ás 20h.

 

Panamesiana Teatro con “Oh, qué bonito é Panamá”

Data: Venres, 7 de outubro, ás 20h

Lugar: Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica

Entradas: 3€ e 2€

Á venda en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.