Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Padeeiros do Club Kayak Tudense no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo

20/09/2012

Iván Alonso, Ana Varela, Carla Pérez, Ramón Ferro e Óscar Graña acadaron a praza no Campionato de España de Maratón de Tui

 

Esta fin de semana se celebrará o Campionato do Mundo Junior, Sub23 e Sénior de Maratón de Piragüismo, en Roma (Italia).

 

Neste campionato participarán os padeeiros do Club Kayak Tudense que acadaron a súa praza no Campionato de España de Maratón que se celebrou na nosa cidade no pasado mes de agosto.

 

Iván Alonso dobrará a súa participación, competindo o sábado 22 en K1 e no K2 xunto ao zamorano Emilio Merchán o domingo 23. Ana Varela e Carla Pérez competirán en K2, e por último, Ramón Ferro e Óscar Graña farano na modalidade C2.

 

Para o Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, a participación neste Campionato do Mundo é a culminación do gran traballo realizado nesta tempada polos padeeiros, adestradores e directivos do Club Kayak Tudense.

 

Dende o Concello de Tui desexamos moita sorte a nosos padeeiros neste Campionato do Mundo do Maratón.