Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Paco Nogueiras, Butaca Zero e Barafunda actúan mañá xoves na programación cultural de San Telmo

7/04/2021

Están xa esgotadas as entradas para o espectáculo “Brinca Vai” na carpa, pero quedan aínda dispoñibles para “32m2” no Teatro Municipal

Mañá xoves, 8 de abril, continúa a programación cultural de San Telmo.

 

A primeira cita do día é ás 17 h no Paseo da Corredoira co pasarrúas que realizará Barafaunda Animación co espectáculo “3 Pompeiras”, trátase dunha divertida animación chea de maxia e ilusión. Volverá actuar ás 19 h.

Xa na carpa que se instalou na Corredoira ás 18h actuará Paco Nogueiras co espectáculo “Brinca Vai”. Unha actuación para a que xa non quedan entradas dispoñibles. O músico e actor Paco Nogueiras combina música, animación e interpretación nun espectáculo no que combina cancións, animación e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. O público asistente vivirá unha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións.

Ás 20 h no Teatro Municipal é a quenda de ButacaZero con “32m2”. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os ideadores, creadores, produtores e directores desta peza na que reflexionan sobre o confinamento partindo da experiencia propia. Sobre o escenario estarán Xurxo Cortázar e Nuria Gullón interpretando a  Mar e Xan, a parella protagonista desta traxicomedia, que viven no seu pisiño de 32m². O aforo está limitado a 180 butacas. As localidades deben reservarse en tui.gal.

Na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, pódese a exposición “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”. Recupérase así esta mostra que formou parte das festas de San Telmo de 1934.

Programación de Actividades de San Telmo 2021

Do 7 ao 12 de abril

  • Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”

Xoves 8

  •     Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas BARAFUNDA “3 Pompeiras”
  •     Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PACO NOGUEIRAS “Brinca Vai”
  •     Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas BARAFUNDA “3 Pompeiras”
  •     Ás 20 h no Teatro Municipal BUTACAZERO “32m2

Reserva entradas