Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os participantes no Congreso Internacional da Camelia visitan este domingo Tui

14/03/2014

Venres, 14 de marzo de 2013. Os participantes no Congreso Internacional da Camelia que se está a celebrar ao longo desta semana en Pontevedra visitarán este domingo Tui no marco das actividades do poscongreso.

Dende a organización do Congreso plantexan estas visitas poscongreso para dar a coñecer os monumentos máis emblemáticos da provincia. No caso de Tui a chegada dos congresistas está prevista ás 11h na Casa do Concello onde serán recibidos polo alcalde de Tui e membros da corporación municipal. A continuación visitarán a Catedral  de Tui e o Conxunto Histórico da Cidade.

No Congreso están a participar de 250 congresistas de 16 países unidos en torno á camelia.  A súa visita a  Tui este domingo é valorada positivamente polo alcalde de Tui,  Moisés  Rodríguez, quen apunta que este pode ser un primeiro contacto destas persoas coa cidade que poderán volver noutras ocasións e actuar amais de embaixadores de Tui no seu país de orixe.