Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os clubs de fútbol sala tudenses nas finais da Copa

7/06/2013

Xoves, 6 de xuño de 2013. O equipo A Fábrica de Tui Fútbol Sala Cadete xogará a final da copa cadete, o próximo sábado 8 de xuño, ás 10.00 horas, na pista vermella de As Travesas, en Vigo.

 

O equipo tudense, adestrado por Javier Reboreda, que se proclamou subcampión de liga no seu primeiro ano de competición, rematará así un ano espectacular, pudendo ser campión de Copa e subcampión de Liga.

 

Pero non será o único equipo tudense que xogue a final da Copa, xa que A Quinta Xestión Fútbol Sala, tamén loitará pola copa na súa categoría, na pista central do pavillón das Travesas, o mesmo sábado 8 de xuño, ás 18.30 horas.

 

E por último, o equipo C.D. Tui Fútbol Sala xogarase o ascenso á liga autonómica contra o equipo Prefabricados Laro (Lalín), a dobre partido, sendo o partido de ida en Lalín este sábado e a volta en Tui, o día 22 de xuño.

 

O Concello de Tui desexa moita sorte aos nosos clubs de fútbol sala nos seus próximos partidos.

 

Axúntase foto do equipo A Fábrica de Tui F.S. (faltan Xavi y Andrés)