Os alumnos dos cursos Actívate recibiron os seus diplomas
Luns, 12 de agosto de 2013. Esta mañá foron entregados no Concello de Tui os diplomas dos dous cursos Actívate da Deputación de Pontevedra impartidos na cidade. A entrega correu a cargo do deputado provincial, Pablo Baquero, xunto a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, e o concelleiro de Formación, José Ángel Villaverde.
Os cursos impartidos foron de “Reparacións domésticas de fontanería, albanelería e carpintería” e de “Técnicas de aseo a persoas dependentes” con 40 horas lectivas cada un deles. No primeiro participaron 17 persoas e no segundo 23.
A concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, adiantou que o Concello xa solicitou dous novos cursos para este ano de “Coidados básicos de persoas maiores” e de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”.