Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A orquestra e coro Gaos interpretará o Requiem de Mozart

6/10/2011

Será o domingo ás 19.30h na Catedral de Tui

Forma parte do Ciclo de concertos nas catedrais galegas

 

A Catedral de Tui acolle este domingo ás 19.30h un concerto da Orquestra e Coro Gaos enmarcada no Ciclo de concertos nas Catedrais Galegas organizada pola Consellería de Cultura enmarcado na conmemoración do Ano da Música de Galicia 2011.

A Orquestra e o Coro Gaos, unha das formacións musicais máis nova, activas e con maior proxección de Galicia,  interpretará a ‘Misa de Réquiem en re menor’, de Wolfgang Amadeus Mozart, unha peza que se ten convertido nunha referencia inescusable da música sacra. Esta formación está dirixida por Fernando L. Briones  e actuarán como solistas Carmen Subrido, soprano, Nuria Lorenzo, mezzosoprano, Francisco Corujo, tenor e Borja Quiza, barítono.

A Orquestra Gaos, creada en 2009, está formada por músicos de toda Galicia, principalmente, estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos. Neste dous anos ten desenvolvido unha intensa actividade concertística.

Así grazas á participación da orquestra na presentación do Xacobeo 2010, a formación comparte escenario coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, coa que realiza a súa primeira gravación discográfica: un cd con 14 temas galegos orquestrados por Juan Durán. Participou no XXIII Concurso Internacional de piano Cidade de Ferrol, e ofreceu un concierto coa soprano galega Teresa Novoa. Amais a Orquesta Gaos ten a súa propia temporada de concertos no Teatro Colón da Coruña e xa está inmersa na súa terceira temporada na que participarán o pianista Gabriel López, o violinista Javier Cedrón ou o frautista André Cebrián. Ademais, estreará obras de cinco compositores galegos e, en decembro, realizará unha gala lírica coa soprano Ainhoa Arteta. Está dirixida por Fernando L. Briones.

Pola súa parte o Coro Gaos naceu en setembro de 2010 como continuación do proxecto da Orquesta Gaos. Está constituído por 50 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. Reciben formación vocal mediante clases de técnica con profesoras da categoría de Mª Carmen Subrido ou Manuela Soto, así como mediante a organización de cursos de canto con importantes figuras da lírica.

 

Misa de Réquiem en re menor, K626W. A. Mozart

Orquesta e Coro Gaos



Fernando L. Briones, director

Carmen Subrido, soprano

Nuria Lorenzo, mezzosoprano

Francisco Corujo, tenor

Borja Quiza, barítono

I. INTROITUS

Requiem

II. KYRIE

III. SEQUENZ

nº 1 Dies irae

nº 2 Tuba mirum

nº 3 Rex tremendae

nº 4 Recordare

nº 5 Confutatis

nº 6 Lacrimosa

IV. OFFERTORIUM

nº 1 Domine Jesu

nº 2 Hostias

V. SACNTUS

VI. BENEDICTUS

VII. AGNUS DEI

VIII. COMMUNIO

Data: Domingo, 9 de outubro, ás 19.30h

Lugar: Catedral de Tui

Entrada libre

Máis información en www.orquestagaos.com/