Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Oito agrupacións actúan o domingo no Festival Folclórico Festas de San Telmo

15/04/2014

Martes, 15 de abril de 2014. O Teatro Municipal de Tui acolle este domingo, 20 de abril, ás 18h o Festival Folclórico Festas de San Telmo coa participación de oito agrupacións tudenses.  A entrada será libre ata completar o aforamento.

Os primeiros en subir ao escenario van ser os integrantes do grupo folclórico Xuntanza de Randufe. Tras deles actuarán os grupos folclóricos San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, o grupo folclórico Inquedanzas de Pazos de Reis e O Mosteiro de Pexegueiro. Na súas actuacións interpretarán muiñeiras, xotas, rumbas, foliadas ou pasodobres.