Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A oficina municipal de Turismo atendeu 2430 consultas no pasado mes de Maio

7/06/2013

Venres, 7 de xuño de 2103. A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de abril de 2013 un total de 2.430 consulta por parte de turistas que se achegaron ata a nosa cidade. Deste total de visitantes 1479 tiñan procedencia española e 951 era estranxeiros.

Entre os visitantes españois salienta, a presenza de xentes procedentes doutros puntos de Galicia con 391 consultas, seguidos dos visitantes oriúndos de Madrid con 338 consultas, de Cataluña procedían 174 visitantes e 162 orixinarios de Andalucía

Pola súa banda, nos visitantes foráneos destaca a presenza de portugueses con 210 visitas, seguidos de alemáns con 201, británicos con 71 e franceses con 67 consultas;  ata de 32 nacionalidades distintas foron os visitantes de Tui neste pasado mes, con visitantes de nacionalidades tan afastadas como Corea, Suráfrica ou numerosos países de América.

Unha significativa porcentaxe deste visitantes eran peregrinos, que realizaron un total 793 consultas. Deles 653 eran estranxeiros (principalmente procedentes de Alemaña, Portugal, Italia e Reino Unido) e 140 españois (con preeminencia de galegos, madrileños e cataláns).

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atópase na Praza de San Fernando inmediata á Catedral de Santa María, nunha ubicación privilexiada que, logo de case un ano de funcionamento, testemuña o acerto deste traslado por parte do goberno municipal tudense.