Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A oficina municipal de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui, de novo en funcionamento

17/07/2013

Martes, 16 de xullo de 2013. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui reabriu onte, luns 15 de xullo, o servizo de  atención aos inmigrantes e emigrantes retornados co obxectivo de desenvolver os primeiros procesos de acollida, información, orientación, atención e integración destes colectivos.

 

Dende a oficina infórmase sobre a situación xurídica e trámites administrativos a realizar dada a condición de inmigrante e emigrante retornado. Neste senso asesórase na tramitación de autorizacións de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos que este colectivo precise. Reciben tamén asesoramento sobre as diferentes prestacións sociais, educativas ou sanitarias, e os programas formativos e de orientación e inserción laboral ás que teñan dereito.

 

A Oficina atópase no propio Concello e ten un horario de atención ao público de 9:00 a 14:00, de luns a venres, a través de cita previa no teléfono 986603625 extensión 54 ou nas dependencias de Servizos Sociais.

 

Para a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, co funcionamento desta Oficina Municipal para inmigrantes e emigrantes o Concello de Tui amplía a súa oferta de cara este colectivo que contan agora cun asesoramento especializado. Con este novo servizo municipal o Concello tudense continúa a promover medidas que faciliten a integración efectiva destes colectivos na nosa sociedade.