Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro xoves a biblioteca municipal acolle o contacontos "O aviador" de elefante elegante.

21/05/2013

Martes, 21 de maio de 2013. Completando a programación do Mes dos Libros a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle o vindeiro xoves 23 de maio ás 18,30 horas o contacontos “O aviador” a cargo da compañía Elefante Elegante.

 

“O aviador” é a historia do encontro dun aviador cun moucho, que como todos os mouchos, prefire a noite ao día. O aviador vai tentalo todo para axudar ao moucho pero, será posible vivir nun mundo sen sol?.

 

A narración oral é acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, a marioneta de luva, a música, a xestualidade, a plasticidade di dispositivo escénico crean un universo cómico, interactivo e poético onde se desenvolve a obra.

 

Con esta actividade dirixida para os rapaces a partir dos tres anos de idade se completa o programa de actividades organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui para celebrar este “Mes dos libros” con propostas de promoción do libro e a lectura para os diversos segmentos de idade da nosa localidade.

 

Resta por realizar a XVI Feira do libro galego que foi suspendida o pasado venres 17 de maio polas previsións meteorolóxica acordándose a súa celebración o vindeiro sábado 1 de xuño.
Cartel Elefante Elegante: O aviador.