Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro sábado 10 de marzo na Catedral de Tui terá lugar un concerto do coro de cámara “Gli Appassionati” ás 19,00 h

9/03/2012

A Asociación “Amigos da Catedral de Tui” comunica que o vindeiro sábado 10 de marzo na Catedral de Tui terá lugar un concerto do coro de cámara “Gli Appassionati” ás 19,00 horas.

 

“Gli appassionati” é un coro de cámara integrado por mozos “apaixonados” polo canto e a música en xeral que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade. Os seus compoñentes, un grupo de 16 cantantes con sólida preparación vocal e musical e ampla experiencia coral, abordan unha gran variedade de repertorio que inclúe obras de música clásica, pop, popular, etc., con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.

 

Unha das características deste coro é que gran parte do seu repertorio está composto e arranxado no seo da propia agrupación. Participaron en diversos eventos e festivais de música tanto con acompañamento instrumental como cantando a “capella” así como en diferentes producións discográficas de diversa índole.

 

Contan cun variado repertorio que lles permite participar en diversos eventos  e todo tipo de concertos. Nuria Lorenzo López, vinculada ao grupo desde a súa fundación, e ao que dirixiu en numerosos concertos, é á súa vez a directora artística do coro.

 

O programa deste concerto é o seguinte:

Primera parte

1. Ave María – Julio Domínguez

2. Zum Sanctus – Shubert

3. Ave Verum – Mozart

4. Benedicat Vobis – Haendel

5. Ave Verum – C.Gounod

6. Canticorum Iubilo – Haendel

Segunda parte

Magnificat – G.B.Pergolesi

 

 

Solistas:

Soprano: Laura Pazos Guerrero

Contralto: Marta Robles Iraurgui

Tenor: Federico G. López Silvera

Barítono: Ignacio Estellés Candal

 

 

A “Asociación Amigos da Catedral de Tui” continúa con esta actividade promovendo a revitalización deste templo catedralicio.