Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro domingo 16 de Decembro 1º “Mercado de Nadal” organizado polo Concello de Tui

12/12/2012

APRAZADO AO DIMINGO 23 DE DECEMBRO 

 

Na mesma xornada degustación gastronómica e concurso de corais na Catedral

 

O vindeiro domingo 16 de decembro Tui acolle a celebración do primeiro “Mercado de Nadal” que organiza o Concello de Tui para a dinamización da zona monumental da nosa cidade. Un total de catorce postos de venda de produtos relacionados co Nadal. Adornos para a arbores, figuras para o pesebre, flores e plantas navideñas, doces, froitas e alimentos típicos destas festas estarán á venda ao longo desta xornada.

Este mercado foi presentado esta mañá no decurso dunha rolda de prensa celebrada na Casa do Concello de Tui e na que participaron o Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, os concelleiros Nicolás Lorenzo Montes e Vanesa Rodríguez Pereira xunto ao cóengo da Catedral de Tui, Ricardo García Fernández.

Destacaron a positiva acollida desta iniciativa e a súa singularidade pois non se trata de un mercado ou feira de artesanía con mercancías para regalos senón que á venda é de produtos navideños. Trátase dunha iniciativa pioneira en Tui e na súa contorna e que tivo unha favorable acollida cos 14 postos de venda inscritos.

No decurso da rolda de prensa foi anunciado que previsiblemente o mercado terá lugar no Claustro da Catedral e non na Praza de San Fernando como estaba anunciado pois as previsións meteorolóxicas indican a probabilidade de choivas no domingo. O mercado abrirás ás 11,30 horas e pechará arredor das 20,00 horas.

Nesta mesma xornada terá lugar unha degustación gastronómica organizada por nove establecementos de hostalería do conxunto histórico; en concreto, Monumental, Viños e Tapas, La Cava, Jaqueyvi, Vinoteca de García, A Adega, Novo Cabalo Furado, Pizzeria di Marco e a Muralla, que serviran a prezos populares diversos produtos de tempada.

Tamén a partir das 17,00 horas a Catedral tudense acolle a celebración do X Concurso de Corais que reunirá a seis agrupacións musicais que interpretaran música navideña nun concurso de acreditada traxectoria e que reúne anualmente a numeroso público.

O Concello tudense convida a todos os veciños e aos visitantes a participar nesta iniciativa de carácter pioneiro e que rememorando unha tradición amplamente estendida noutros países europeos contribúe ás celebracións festivas do Nadal, á dinamización do conxunto monumental tudense e, tamén, a promoción do comercio e o artesanado local.