Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vindeiro 26 de xuño abrese o prazo de inscrición nas actividades deportivas de verán que organiza o Concello de Tui

19/06/2007

Este ano baixo o nome de CURSOS DE VERÁN 2007 o concello de Tui oferta un total de 9 actividades deportivas totalmente gratuítas: BALONCESTO, FÚTBOL, PATINAXE, TENIS, PIRAGÜISMO, REMO, ACTIVIDADES ACUÁTICAS, BALONMÁN, AERÓBIC. O próximo día 26 de xuño abrirase o prazo para inscribirse nas actividades  que se levarán a cabo ao longo do mes de agosto.  A inscrición pode facerse a través do teléfono: 986.603625 ou nas oficinas de Servizos Sociais do Concello.  As idades necesarias para poder participar nestas actividades van dende os 6 aos 15 anos, dependendo da actividade que se realice. Os rapaces e rapazas que teñan que desprazarse para acudir as actividades tamén contarán con un autobús gratuíto.