Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O venres pecha ao público a exposición "O río Miño, un valor a conservar"

17/12/2007

O VENRES PECHA AO PÚBLICO A EXPOSICIÓN “O RIO MIÑO, UN VALOR A CONSERVAR”  

A Concellería de Cultura do Concello de Tui comunica que ata o vindeiro venres 21 de decembro pódese visitar a exposición sobre “O río Miño, un valor a conservar” pódese visitar nas dependencias do futuro Museo Municipal, no antigo convento de San Domingos. Esta exposición foi preparada pola Concellería de Cultura tudense co gallo da celebración da Xornada de estudio que coa mesma denominación, “O río Miño, un valor a conservar” desenvolveuse na nosa cidade o pasado 27 de outubro coa participación de destacados especialistas que analizaron as diversas problemáticas que aféctanlle ao río Miño. 

Para complementar esta Xornada de Estudio, co asesoramento do Grupo de Estudios dos Animais Salvaxes, foi preparada unha exposición de carácter divulgativo que pretende informar e formar aos visitantes sobre a biodiversidade deste curso fluvial ao seu paso polo Baixo Miño así como os riscos e perigos que afecta ao seu equilibrio ecolóxicos e os aproveitamentos tradicionais, de carácter sustentable, que existen no noso río. A exposición está conformada por un total de 10 paneis informativos que abordan as seguintes temáticas: anfibios, réptiles, aves, peixes vexetación, etc., ofrecendo aos visitantes un achegamento intenso á realidades ecolóxica do río Miño. 

A raíz daquela exposición aberta no decurso da xornada de estudio foron numerosas as persoas que se dirixiron a esta Concellería para solicitar unha exposición máis prolongada desta mostra co fin de posibilitar que fose visitada por un máis amplo número de interesados polo noso medio ambiente. A Concellería de Cultura, sinala o concelleiro responsable da mesma, Moisés Rodríguez Pérez, acolleu con interese estas suxestións e ofrece dende hoxe a posibilidade de visitar esta interesantes mostra sobre o río Miño, que cómpre lembrar forma parte de Rede Natura 2000 polo seus importantes valores ecolóxicos. A celebración daquela xornada de estudio así como esta exposición contan co patrocinio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. A exposición está aberta de luns a venres de 17,00 a 19,30 horas e cabe a posibilidade de apertura con cita previa solicitando á Concellería de Cultura do Concello de Tui.