Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O venres 31 celébrase a xornada de negocios ‘Mulleres Conectadas’

24/03/2023

A gala entrega dos galardóns terá lugar o sábado, 8 de abril, no Teatro Municipal de Tui

O próximo venres, 31 de marzo, celebrarase na Aula da UNED de Tui  a xornada de negocios ‘Mulleres Conectadas’.  O obxectivo da mesma é crear novas oportunidades de negocio e colaboracións de éxito entre as mulleres empresarias, emprendedoras e directivas de Tui e arredores.

A presentación da xornada está prevista para ás 10 h a cargo da concelleira de Igualdade, Ana Núñez. Previamente as persoas participantes compartirán un café de benvida. Ao longo da mañá en distintas quendas terá lugar a presentación tanto das persoas coma das empresas participantes explicando a que se dedican, que servizos ou produtos ofertas. Realizaranse as actividades de networking ‘Four by Four’, ‘Six Together’ e ‘Business Meeting’.

Trátase dunha oportunidade única para que as mulleres empresarias, emprendedoras e profesionais conecten, colaboren e se inspiren mutuamente.  Así as participantes terán a oportunidade de conectar ou coñecer a aquelas mulleres e empresas coas que poderían establecer relacións comerciais nas axendas personalizadas ‘A quen che interesa coñecer’, podendo xerarse a partir de aquí sinerxías, colaboracións, ou traballo en rede.

Este evento é unha oportunidade única para que as mulleres de diferentes campos e niveis de experiencia se unan e apoien mutuamente no seu camiño cara ao éxito.

As inscricións están abertas xa enviando o formulario dispoñible en tui.gal a info@qonekt.com. A participación é gratuíta.

Ás 14 h as mulleres e empresas que o desexen compartirán un xantar no restaurante Época para o que deben confirmar previamente a súa asistencia. Terá un prezo de 14€.

Mulleres Conectadas - Inscrición 2023