Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O venres 18 realizarase unha nova visita aos muíños do Tripes

7/08/2023

Organízase esta actividade ante a gran acollida da que se vai realizar este venres 11, para a que se completaron as prazas na fin de semana

O venres, 18 de agosto, ás 10 h realizarase unha nova visita guiada aos muíños do río Tripes  dentro da iniciativa “Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” que organiza a Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

Esta nova actividade organízase ante o éxito de acollida na prevista para este venres, 11 de agosto, para a que as prazas se completaron xa na fin de semana.

A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento á Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes por esta iniciativa para dar a coñecer e poñer en valor a nosa cultura e tradición.