Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Trilho Carvoeira nas Andainas Saudables da Eurocidade Incluída dentro das actividades dos Open Days

10/10/2013

Xoves, 10 de outubro de 2013. Este sábado, 12 de outubro, realizarase unha nova andaina saudable organizada pola Eurocidade Valença-Tui, dentro do circuíto de andainas saudables da Eurocidade, que percorrerá a ruta da Carvoeira, na freguesía de Boivao.

 

A ruta ten como punto de inicio a igrexa matriz de Boivao, no Municipio de Valença, sendo o percorrido circular de 7.8 quilómetros, con unha duración aproximada de 3 horas e media, e dificultade baixa.

 

O Trilho Carvoeira terá o seu inicio as 10.00 horas españolas dende o punto de inicio. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.50 horas españolas no parking do Lidl de Valença.

 

Esta andaina enmárcanse dentro do proxecto OPEN DAYS 2013, semana Europea das Rexións e das Cidades, que realizarase do 7 ao 10 de outubro en Bruselas. Trátase dun gran evento de 4 días de duración que se celebra  anualmente  e que ten como sede os edificios e representacións da Unión Europea en Bruselas. Actualmente converteuse nunha importante plataforma de traballo en rede para expertos no desenrolo rexional e local, e conta coa participación de máis de 6.000 asistentes que tratan temas tan diversos como transporte, enerxía, turismo, desenrolo rural, emprego ou cooperación transfronteiriza.

En paralelo ás reunións, seminarios e eventos de Bruselas, e co título "Europa na miña rexión " o "Europa na miña cidade" celebraranse uns 200 eventos locais en 200 cidades de Europa, entre setembro e novembro de 2013. Entre estes 200 eventos  encóntranse os promovidos pola Eurocidade Tui-Valença, que acolle dous andainas saudables os días 29 de setembro e 12 de outubro.