Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O triatleta Tudense Iván Pereira participou no ironman de cozumel

5/12/2013

Xoves, 5 de decembro. Os deportistas tudenses seguen levando o nome do noso concello a nivel mundial, dado que, se fai uns días Gustavo Rodríguez participaba no Ironman de Florida, nesta ocasión, Iván Pereira Iglesias o fixo no Ironman de Cozumel.

O triatleta tudense viaxou ata a illa mexicana de Cozumel, para disputar esta proba deportiva consistente en realizar 3.6 quilómetros nadando, 180 quilómetros en bicicleta, para rematar facendo unha maratón de 42.2 quilómetros. O resultado final foi espectacular, acadando o posto 46 na súa categoría, facendo un tempo de 49:17 no tramo de natación, 5:20:44 na zona de bicicleta e 5:18:21 na maratón, en total 11:31:25.

O Concello de Tui felicita a Iván Pereira Iglesias polo resultado acadado nesta proba deportiva.