O Teatro Municipal de Tui acolle este venres un concerto da Academia de Música Fernandes Fao
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres un concerto da Academia de Música Fernandes Fao
Interpretarán a partir das 21.30h a “Fantasía Coral” de Beethoven
Mércores, 23 de xaneiro de 2013. O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 21.30h o concerto “Fantasía Coral” de Beethoven a cargo da Academia de Música Fernandes Fao. Esta actividade está organizada pola Eurocidade Tui-Valença do Minho.
Este evento musical estará dirixido por Miguel del Castillo, actuando ao piano Eugénia Moura, xunto ao Coro e Orquestra da Academia e o sexteto do Curso de Música Silvia Monteiro. En conxunto sobre o escenario estarán 109 persoas.
O programa que van interpretar é o seguinte:
-
“Abertura Coriolano” en do Menor op. 62 .......................................L. Beethoven
-
“Divertimento III” en Fa Maior, KV 138 ...........................................W.A. Mozart
o
Allegro
o
Andante
o
Presto
-
“Fantasía para piano, coro e orquestra” en do menos, op.80.........L. Beethoven
o
Adagio
o
Finale
§
Allego
§
Meno Alegro
§
Adagio ma non troppo
§
Marcia, assai vivace
§
Allegreto, ma non tropo
§
Presto
A duración prevista do concerto é dunha hora. As entradas, sen numerar, estarán á venda no despacho de billetes dende ás 20h, ata o comezo do concerto, ao prezo de 3€.
Concerto Fantasía Coral
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres 25, ás 21.30h
Venda de entradas sen numerar ao prezo de 3€ o venres no despacho de billetes de 20h a 21.30h.