Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Teatro Municipal acolle este venres a proxección da película Dhogs

17/10/2018

O filme, dirixido por Andrés Goteira, foi galardoado con 13 premios Mestre Mateo

Este venres, 19 de outubro, ás 21.30h o Teatro Municipal de Tui acolle a proxección da película Dhogs, dirixida por Andrés Goteira e galardoada con 13 premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película.

A protagonista do filme, Alex, goza da última copa no bar dun hotel de luxo, allea á morea de desagradables acontecementos que vivirá nas próximas horas. A súa aventura cun executivo será o preámbulo dunha espiral de violencia na que se verá inmersa e que a levará por unha senda de sufrimento fóra do seu control.

A película conta no seu reparto con Melania Cruz, Iván Marcos, Miguel de Lira, Antonio “Durán” Morris, Carlos Blanco, María Costas, Suso López, Xosé López, Roi Gantes, Enrique Lojo e Brais Yanek.

A proxección será en versión orixinal, en galego, e ten unha duración de 85 min. O prezo é de 5€ para adultos e 4€ nenos e persoas con desconto. As entradas pódense mercar a través de culturatui.info até o venres as 12.00h ou no despacho de billetes a partir das 20.00h.

Cinema “Dhogs”

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 19 de outubro, ás 21.30h
  • Entradas: á venda en culturatui.info até o venres as 12.00h ou no despacho de billetes a partir das 20.00h.
  • Prezos: 5€ e 4€.