Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O servizo de Obras e Limpeza conta cun tractor, recuperado tras dez anos en desuso

31/01/2019

Equipouse cunha trituradora e unha folla niveladora con cargo ao Plan Concellos

A concellería de Seguridade Cidadá, Fomento e Protección Civil, que dirixe Antonio Castro, informa da posta en funcionamento hai un días dun tractor Kubota, propiedade municipal, que levaba unha década parado nas instalacións municipais. O vehículo pasa a ser empregado xa polo Servizo de Obras e Limpeza nas súas tarefas tras cambiarlle as cubertas das rodas, e pasarlle a correspondente Inspección Técnica de Vehículo.

O tracator foi equipado cunha trituradora para desbroces e unha folla niveladora hidráulica para nivelación de camiños e formación de cunetas adquiridas polo Concello ao abeiro do Plan Concellos da Deputación, cun investimento de 14.791,04€  IVE incluído.