Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O secretario xeral para o deporte visita as instalacións nas que se desenvolve "Xuño Activo" e as valoracións da condición física

15/06/2013

 

Estas accións forman parte do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP)

Programa de actividades para a vindeira semana

Venres, 14 de xuño.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, visitou esta mañá as instalacións deportivas municipais nas que se están a desenvolver as valoracións da condición física no programa “Eurocidade Tui-Valença: Xuño Activo”. Estas accións enmárcanse dentro do Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), en colaboración co Centro Deportivo DiSom Tui.

José Ramón Lete Lasa pasou polo Pavillón Deportivo Municipal coa fin de coñecer de primeira man como se están a desenvolver as valoracións deste proxecto piloto no que se prescribe exercicio físico recomendado para casa persoa. Para o secretario xeral para o Deporte, este proxecto piloto “dá as ferramentas e os instrumentos para que calquera galego e galega saiba en que condición física se atopa para abordar unha actividade física, prescribindo a actividade adaptada a cada un”. “O sedentarismo é unha pandemia do século XXI e por iso é tan importante que a Unión Europea destine unha partida a este programa conscientes da súa importancia”, comentou.

O secretario xeral para o Deporte asistiu ás probas que se están a realizar na Eurocidade Tui-Valença e conversou cos técnicos deportivos sobre os parámetros que se están a seguir. “É fundamental saber transmitir os beneficios da actividade física a todo o mundo, e vemos como pouco a pouco a xente vai tomando conciencia. A falta de tempo, a mala climatoloxía ou a idade non son escusas”, aseguraba Lete Lasa.

O principal obxectivo do Plan Galicia saudable é crear as condicións necesarias para que a poboación galega goce dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida e previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez.

O nivel de práctica de actividade física en Galicia é baixo e desigual. O 57,6% da poboación de dez ou máis anos de idade practica actividade físico-deportiva, non obstante, tan só un 36,3% desta realiza toda a actividade física desexable necesaria para manter un bo estado de saúde e só un 16% dos galegos afirma facer actividade física a diario.

 

 

 

 

“EUROCIDADE TUI-VALENÇA XUÑO ACTIVO”

 

Luns 17:

-         

09.25-14.00h: no Pavillón Deportivo Municipal novo, valoracións da condición física a escolares.

-         

18.00-20.00h: na Casa Cultural de Randufe, valoracións da condición física.

Martes 18:

-         

10.00-13.00h: no Pavillón Deportivo Municipal novo, valoracións da condición física.

-         

18.00-20.00h: no Centro Cultural vello de Guillarei, valoracións da condición física.

-         

19.00h: na Aula da UNED de Tui, conferencia “Beneficios da Actividade Física Saudable e o funcionamento cerebral”, a cargo da neuropsicóloga Mónica Villar.

Mércores 19:

-         

10.00-13.00h: en Valença, valoracións da condición física.

-         

18.00-20.00h: no Centro Cultural de Ribadelouro, valoracións da condición física.

Xoves 20:

-         

16.00-20.00h: no Campo de Fútbol Álvarez Durán, valoracións da condición física.

-         

19.00h: desde o Centro Interfederado de Tui, andaina de dinamización de parques saudables.

Venres 21:

-         

10.00-13.00h: no Pavillón Deportivo Municipal vello, valoracións da condición física.

-         

17.00-20.00h: no Centro Cultural de Paramos, valoracións da condición física.

Sábado 22:

-         

20.00h: no Pavillón Deportivo Municipal novo, Noites Saudables (aerobic e ritmos latinos).

 

 

Cartel Actividade física e cerebro