Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado celébrase o sétimo Mercado da Verdura no cárcere vello en Tui

24/07/2014

Xoves,  24 de xullo de 2014. O cárcere vello, na rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui acolle este sábado, 26 de xullo, o sétimo Mercado da Verdura. Esta iniciativa organizada polo Concello de Tui, APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e o Foro Tude vense celebrando dende o mes de abril cada segundo e último sábado de mes.

Os consumidores poderán atopar tomates, pementos, berenxenas, xudías, plantas aromáticas, entre outros produtos ecolóxicos de temporada.  O mercado abrirá as súas portas de 10 a 14h.