Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado ás 20,30 h.no Teatro Municipal "Oeste solitario" de Producións Teatrais Excéntricas

15/11/2012

Producións Teatrais Excéntricas presenta “Oeste Solitario”

A representación será o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal

 

Xoves, 15 de novembro de 2012. O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, ás 20.30h, a representación de “Oeste Solitario” por parte de Producións Teatrais Excéntricas. A obra está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa. “Oeste solitario” é unha obra de Martin Mc Donagh que foi traducida ao galego por Avelino González.

 

“Oeste Solitario” conta a historia dos irmáns Valene e Colemann Connor que viven nunha aldea a carón da ría de Lennane en Irlanda. Tras a morte do seu pais xorde nas rencillas e o rancor, o que fai presaxiar un tráxico final. A historia da un xiro inesperado pola intervención de Girleen, a rapariga que lles vende o augardente ilegal, e o padre Welsh.

 

A montaxe obtivo tres premios María Casares para Evaristo Calvo como Mellor Actor Protagonista, Avelino González o de Mellor Adaptación/Tradución e Octavio Mas o de mellor Mellor Iluminación. Tamén foi finalista nos XV Premios Max na categoría de Mellor Espectáculo Revelación.

 

Producións Teatrais Excéntricas é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de produtos de entretemento e outros obxectos culturais. Excéntricas sirve como plataforma de produción a marcas como Mofa&Befa, o dúo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

 

As entradas para a función están xa á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3€.

 

 

Producción Teatrais Excéntricas con “Oeste Solitario”

Data: Sábado, 17 de novembro, ás 20.30h

Lugar: No Teatro Municipal de Tui

Entradas: Á venda na web www.culturatui.info ata o sábado ás 13h, ou no despacho de billetes o sábado dende ás 19h do comezo ao prezo de 5€ e 3€.