Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O próximo mércores reunirase o gabinete de crise de Paramos

24/11/2018

Abordar o desentullo da zona cero será o principal asunto a tratar

O próximo mércores, 28 de novembro, ás 20h na casa do concello reunirase o gabinete de crise de Paramos. O alcalde de Tui, Carlos Váquez Padín, realizará o luns a convocatoria formal para esta reunión á que citará á Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, ao goberno central, á Xunta de Galicia, e á Deputación de Pontevedra.

Así llo informou hoxe aos veciños na reunión que mantivo con eles no Centro Cultural de Guillarei. O principal asunto será abordar o desentullo da zona cero.