Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“O príncipe e o parrulo” é o título a obra de monicreques que Eme2 presenta o sábado no Teatro Municipal

7/11/2013

A función será ás 19h e vai dirixida a público familiar a partir dos 3 anos

 

Xoves, 7 de novembro de 2013. Unha pequena historia que fala de grandes cousas é a que presenta este sábado no Teatro Municipal de Tui a compañía Eme2 baixo o título de “O príncipe e o parrulo”. A función comezará ás 19h e terá unha duración de 55 minutos. Esta obra de teatro de monicreques foi escrita por Javi Tirado e Jokin Oregi, mentres que a dirección corre a cargo de Alex Díaz. O elenco do espectáculo está formado por Rocío González e Lucía Regueiro.

 

Un castelo, unha arbore e unha casa son os tres elementos precisos para contar esta historia que fala de cousas moi grandes. Os seus protagonistas, o príncipe e o parrulo, decátanse que non hai nada tan importante coma ter un amigo.

 

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou no despacho de billetes o sábado dende ás 17.30h, ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

 

Eme2 con “O príncipe e o parrulo”

Data: Sábado, 9 de novembro, ás 19h

Lugar: Teatro Municipal

Venda de entradas en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h ou no despacho de billetes o sábado dende ás 17.30h, ao prezo de 3,5€ e 2,5€.