Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O pregón popular de Luís Zahera abrirá este sábado as Festas de San Telmo 2022

13/04/2022

A entrega dos premios Cidade de Tui, música e gastronomía centran a primeira fin de semana festiva

Tui celebrará dende este sábado, 16 de abril, e até o luns 25 as festas patronais na honra a San Telmo, declaradas de interese turístico galego.

O inicio da festa virá marcado polo pregón popular da man do actor galego Luís Zahera. O gañador dun premio Goya por “El Reino” abrirá as festas dende o balcón do edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada ás 12.45 h.

O acto institucional terá lugar ás 19.30 h no Teatro Municipal coa gala de entrega dos “Premios Cidade de Tui”. Ao igual que o ano pasado neste evento recoñecerase a unha persoa e un colectivo pola a súa achega ao desenvolvemento social dende o seu ámbito profesional ou por calquera acción de relevancia que teña contribuído ao engrandecemento e difusión de Tui e os seus cidadáns. O premio individual será entregado a Alberto Romero Rodríguez “Romer” polo seu destacado traballo na promoción dos muiños do río Tripes, impulsor da romaría “Os nosos fariñeiros, burros e muíños” e promotor da Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Tamén se recoñecerá o seu labor de investigación do noso patrimonio etnográfico e inmaterial relacionado co río Tripes e o Parque Natural do Monte Aloia.

Na categoría colectiva o galardón é concedido á Asociación Asistencial Sos Tomiño – Baixo Miño que desenvolve o seu labor dende hai 13 no Baixo Miño. Este colectivo é un exemplo sobranceiro de compromiso social a prol dos máis desfavorecidos de Tui, de Tomiño, O Rosal e Oia. O xurado valorou o traballo xeneroso e altruísta dos numerosos voluntarios que integran esta Asociación, a colaboración interxeracional que promoven nas súas actividades, o amplo programa asistencial e a excelente organización á hora da recollida e distribución das axudas e a alta efectividade coa que desenvolven o seu labor.

O acto contará coas intervencións do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Actuará a Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Ao remate da Gala será inaugurada, na Sala Municipal a exposición  “Artistas Tudenses”.

A música será un dos pratos fortes desta fin de semana coa actuación do grupo canario “Efecto Pasillo” o sábado ás 23 h no recinto feiral. Os grupos locais estarán tamén en concerto, neste caso na carpa instalada no Paseo da Corredoira, onde o sábado ás 21.30 h actuará Micalip’s e o domingo, á mesma hora, No All Kansas.  A charanga tudense Cantos Somos actuará o sábado (12 h) na praza da Inmaculada e o domingo (19.30 h) polas rúas do centro urbano.  

O domingo na carpa da Corredoira actuarán ás 12.30 h a Banda de Música Popular de Tui, e ás 18 h a Banda de Música de Salvaterra. A primeira verbena das festas, na rúa Compostela, estará a cargo da Orquestra Satélites o domingo dende ás 18.30 h.

Non faltará a cita coa música tradicional no Festival Folclórico Festas de San Telmo que se vai celebrar o domingo, ás 17.30 h, no Teatro Municipal coa participación dos grupos do Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui).

Nas festas de San Telmo a gastronomía tamén esta presente. En cinco restaurantes tudenses Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui, pódese degustar o meixón, previa reserva, a un prezo de 69 € a ración.

E tanto o sábado coma o domingo na praza da Inmaculada celébrase a de  12 a 15 h e de 18 a 21 h o I Encontro de Viños da Raia. A prezos populares, dende 2€ a copa e dende 10€ a botella, poderanse degustar os viños brancos, tintos e espumosos de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. A copa conmemorativa terá un prezo de 2,5 €.  Amais tanto o sábado coma o domingo, ás 19 h no interior dos antigos xulgados, a sumiller tudense Marina Cruces, guiará ás persoas  presentes a través dos viños das adegas participantes nunha maridaxe de música e viño. Para participar será preciso inscrición previa de entrada, cun prezo de 2€, no posto da organización, na mesma praza da Inmaculada, o mesmo día en que se desexa asistir.

Sábado 16

12.00h – 14.00 h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos na compaña da Charanga Cantos Somos..

De  12 a 15 h e de 18 a 21 h na praza da Inmaculada, I Encontro de Viños da Raia  coa participación de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño

12.45h – 13.15 h Na praza da Inmaculada, lectura do Pregón a cargo de Luis ZaheraEn caso de choiva na carpa da Corredoira.

19.30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Gala “Premios Cidade de Tui”Entrada libre até completar capacidade.

20.30h – 21.30 h Na Sala de Exposicións, inauguración da exposición “Artistas Tudenses”.

21.30h – 23.00h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Micalip’s.

23.00h – 01.00h Na no espazo feiral (explanada do antigo Cam-Fran) actuación do grupo Efecto Pasillo.

Domingo 17

De  12 a 15 h e de 18 a 21 h na praza da Inmaculada, I Encontro de Viños da Raia  coa participación de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño

12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui

17.30h – 20.30 h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. *Entrada libre até completar capacidade. Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), San Fins (Rebordáns), Santa Columba (Ribadelouro) e San Telmo(Tui),

18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música de Salvaterra.

18.30h – 21.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Satélites.

19.30h – 21.30 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.

21.30h – 23.00 h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo No All Kansas.