Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O prazo para o pago fraccionado do ORAL remata mañá venres 28 de febreiro

27/02/2014

Xoves, 27 de febreiro de 2014. O Concello de Tui lembra que o prazo para acollerse ao sistema de pagamento fraccionado dos recibos do IBI, IAE e Vehículos remata o vindeiro venres 28 de febreiro. O pago fraccionado pode solicitarse una oficina do Oral na rúa Coruña de Tui.

O Plan personalizado de pagamento do ORAL permite fraccionar en 8 cotas mensuais  o pago dos recibos de IBI, IAE e Vehículos que sumen máis de 240 euros anuais. Fíxase esta cifra co obxectivo de que as cotas mensuais mínimas sexan de 30 euros dado que o fraccionamento en cotas inferiores non resultaría eficiente debido aos gastos que leva consigo.

Para beneficiarse deste plan o contribuínte terá que domiciliar o pagamento, non ter débedas pendentes de pagamento en período executivo e facilitar un número de teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. Os contribuíntes que contan con recibos do imposto de actividades económicas que superen os 240 euros tamén poderán acollerse a este plan.

Aqueles que non acaden a contía dos 240 euros poderán beneficiarse doutros sistemas que o ORAL ten en marcha coma o fraccionamento ordinario dos recibos ao que pode acollerse calquera contribuínte, e o sistema especial de pagamento do IBI posto en marcha xa no pasado exercicio. Con este sistema especial os interesados poden pagar en dúas cotas sen ningún tipo de interese nin recarga os seus recibos do imposto de bens inmobles.