Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O policía local tudense, Avelino Martínez, bronce no Campionato Nacional Portugués

22/05/2014

 

Xoves, 22 de maio de 2014. O pasado sábado, 17 de maio, celebrouse en Anadia – Aveiro (Portugal) o Campionato Nacional Portugués de Judo, onde o judoca tudense Avelino Martínez participou co equipo Juvalença (Judo Club de Valença) na categoría M5 (50 a 54 anos) e menos de 81 kg, acadando a medalla de bronce.

 

O Concello de Tui felicita a Lino Martínez por este triunfo e anímao a seguir adestrando de cara ao Campionato de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB), que terá lugar no mes de xullo en Bruxelas, onde defenderá o seu título de campión acadado hai dous anos en Tenerife.