Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O piano protagonista esta fin de semana en Tui co IKFEM, o International Keyboard Festival

19/07/2013

Os membros do festival foron recibidos esta semana pola concelleira de Cultural

 

Venres, 19de xullo de 2013. A concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, acompañada polo concelleiro Ángel Gutiérrez, recibiu esta semana no Concello aos directores, profesores e alumnos do IKFEM. International Keyboard Festival&Master Classes Eurocity Tui-Valença. Neste acto a edil aproveitou para darlle á benvida á cidade e desexarlles unha feliz estancia.

 

Este festival comezou o pasado mércores en Tui co concerto,no Teatro Municipal, do mestre italiano Vicenzo Balzani, ao que seguiu onte á noite na Catedral o concerto de órgano de Marisol Mendive. 

 

Hoxe continua a desenvolverse o IKFEM, o International Keyboard Festival, con novas propostas. Os alumnos da Master Classes serán os protagonistas das Talents Sessions que se celebran. A primeira foi ás 12h na Igrexa de Santa María dos Anjos en Valença e a segunda será ás 23h na Igrexa de Santo Domingo de Tui respectivamente. Hoxe amais o historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela conducirá a visita guiada que sairá ás 22h sairá do adro norte da Catedral para percorrer o conxunto histórico ata a Igrexa de Santo Domingo.

 

Mañá sábado a primeira proposta no programa do IKFEM será ás 12h na Igrexa de Santo Domingo cunha  BAROQUE SESSION! de fortepiano a cargo da especialista en interpretación de instrumentos históricos Patricia Rejas.  Ás 22h haberá unha nova visita guiada dende a antiga Alfándega de Valença, a cargo do historiador Alberto Magno Pereira de Castro, que realizará un percorrido pola fortaleza até a Igrexa de Sta. María dos Anjos onde explicará a restauración realizada nesta igrexa. Aquí na igrexa de Santa María dos Anjos en Valença haberá ás 23h un TRIO SESSION! de música de cámara con piano  a cargo Rasa Biveiniene, Ricardo Pazo e Fernando Raña que interpretarán un amplo repertorio no que destacan obras de Carl Reinecke, Robert Schumann e Madeleine Dring. A entrada é gratuíta.

 

O domingo  a actividade comezará ás 12h no Palco da Música no Paseo da Corredoira  con Galician Sesion ! Piano & Gaita. Pola noite ás 22h actuará no Teatro Municipal de Tui Abe Rábade en concerto. Entrada ten un prezo de 3€. E pechando este domingo ás 23h no Monumental na Praza de San Fernando haberá unha Dj Session! Piano Electrónico con dj Outro.

 

Por último o luns terá lugar a clausura do IKFEM ás 22h no Teatro Municipal coa entrega de diplomas aos alumnos da Master Classes e cunha Talent Sessión na que actuarán os máis destacados deste alumnos.

 

O festival IKFEM está organizado pola Asociación Xuventudes Musicais de Tui co apoio da Eurociudad Tui-Valença e a colaboración da Deputación de Pontevedra.