Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mércores preséntase o Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo

22/07/2019

Celebrarase este domingo

Este mércores, 24 de xullo, ás 11 horas, na casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Máster de Ciclismo, organizado polo Club Ciclista de la Fuente, coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. Disputarase este domingo, 28 de xullo, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente, vicepresidente e secretario do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, Carlos Prado e Xavier Martínez, así como o presidente e o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz e Guillermo Sande.