Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes 2 de maio abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual É + Tui 2023

28/04/2023

Ofértanse catro quendas nos meses de xullo e agosto. As solicitudes poden presentarse até o venres 12 de maio.

O próximo martes, 2 de maio, abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Igual é + Tui 2023 que organiza o Concello de Tui. Este ano ofértanse catro quendas nos meses de xullo e agosto ofrecendo unha alternativa lúdica – deportiva – educativa aos nenos e nenas e ao tempo ofrecendo a pais, nais e titores unha alternativa para conciliar a vida familiar e laboral no período de vacacións escolares estivais. Incorpora amais a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, nos nenos e nenas que participen neles, en aras a acadar unha igualdade real e efectiva na sociedade do futuro.

O campamento vai dirixido a nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

A primeira quenda será do 3 ao 14 de xullo, a segunda do 17 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 14 de agosto e a cuarta, do 16 ao 31 de agosto. O horario do campamento será de 09.00 a 14.00 horas, con opción de aula matinal dende as 07.45 horas e aula de sobremesa ata as 15.15 horas. O prezo será o mesmo que nos anos anteriores, 30,56€ por participante e quenda.

O modelo de solicitude, xunto coa documentación requirida, pode presentarse dende o martes 2 até o venres 12 de maio, a través da sede electrónica do Concello de Tui o de forma presencial no rexistro do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.

O modelo de solicitude e as condicións xerais do Campamento de Verán Igual é + Tui 2023 pode descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal o recollela na secretaría do Concello de Tui.

Campamento de Verán Igual É + 2023 - Solicitude

Campamento de Verán Igual É + 2023 - Condicións Xerais