Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal

11/11/2020

A mostra “Fillos do océano” de Javier Teniente permite realizar unha viaxe fotográfica polos 5 continentes

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Baixo o título de “Fillos do océano” o fotógrafo Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra forma parte do proxecto “Corrente cultural” que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, participaron esta mañá na apertura da mostra xunto á responsable Zona Condado Baixo Miño de ABANCA, Ángela Rodríguez; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela,  e a directora da oficina de ABANCA da rúa Augusto González Besada de Tui, Noelia Vaqueiro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidou á veciñanza a visitar a mostra na sustentabilidade está moi presente e pon en valor os recursos da nosa terra. Ao tempo agradeceu a Afundación e Abanca achegar esta actividade até Tui.

Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación , salientou que a exposición achega unha “visión con múltiples vantaxes” así permite viaxar ao longo do planeta, dende a India a Vietnam, Andalucia ou Galicia con fotografías que nos trasladan a distintos lugares, pero falan tamén de sostenibilidade, da importancia do coidado dos ecosistemas mariños,… Cada fotografía está acompaña dun texto explicativo.

A exposición permanece aberta de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 21 h, e os sábados de 9 a 14 h.

A mostra constitúe unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Javier Teniente inicia o seu traballo profesional nos diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, nos que desenvolve o seu labor como fotógrafo de prensa durante varios anos, para logo emprender o seu percorrido como reporteiro. Esta nova etapa levarao dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003 e 2005), ademais de recibir o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Xornalismo (2006).