Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O luns reabre o punto limpo con cita previa

8/05/2020

O próximo luns, 11 de maio, reabrirá o Punto Limpo do Concello de Tui situado en Guillarei. Será con cita previa que se debe solicitar no 629 70 64 36 de luns a venres de 9 a 14h. 

A persoa que acuda, coa cita previa ao Punto Limpo, debe depositar os residuos no lugar correspondente, e aconséllase acudir con mascarilla. 

Tamén se pon en marcha de novo o servizo de recollida de voluminosos que se pode solicitar no mesmo número de teléfono  629 70 64 36.