Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns preséntase a IV Travesía a Nado Eurocidade

28/08/2014

 

Xoves, 28 de agosto de 2014. O próximo luns, 1 de setembro, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación da IV Travesía a Nado Eurocidade, proba deportiva organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club de Actividades Acuáticas Alto-Baixo Miño e a Asociación SOS Baixo Miño, que se realizará no río Miño o próximo sábado 6 de setembro.

 

Na mesma estarán presentes o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, o responsable do Club de Actividades Acuáticas Alto-Baixo Miño, Juan José España e o presidente da Asociación SOS Tomiño-Baixo Miño, José Quinteiro.