Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns novo concerto do ciclo de xovenes concertistas.

29/04/2013

con L.M. fernandez Alves, clarinete, e Diego Álvarez Coedo, piano

 

 

 

O próximo luns 29 de Abril, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, ás 21:00h. celebrarase un novo concerto do Ciclo de Xóvenes Concertistas.

 

Este evento musical está organizado polo Concello de Tui, a través do Conservatorio Profesional de Música coa colaboración da Anpa “Mestre Martínez Pose” e da Radio Municipal de Tui.

 

Nesta ocasión os músicos que ofreceran este concerto son:

- Luís Miguel Fernandes Alves, clarinetista portugés de Valença que interpretará a Sonata Op 120 nº2  de J. Brahms

- Pola súa banda Diego Álvarez Coedo, pianista de A Guarda, interpretará un programa coas seguintes obras: “Rêverie”  de C. Debussy, “Sonata en Mi Mayor” de J. Haydn e “Nocturno nº2” de F. Chopin.

 

A entrada a este cuarto concerto do Ciclo de Xovenes Concertistas é libre ata completar o aforo.