Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Goberno municipal celebrará reunións en Guillarei, Randufe e Pazos de Reis a próxima semana

8/11/2019

A próxima semana continúan as reunións do equipo de goberno nas parroquias tudenses co obxectivo de coñecer as necesidades de cada unha delas da man dos propios veciños.  As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.  

Así o luns, 11 de novembro, a cita será na Casa Cultural de Guillarei, o xoves 14  na Casa Cultural de Randufe e o venres 15 no edificio da Macoca en Pazos de Reis. Todas as reunións serán ás 20 h.

Esta semana celebraronse xa reunións en Areas, Malvas, Baldráns, e esta tarde terá lugar en Rebordáns.

Estas reunións continuarán nas próximas semanas nas distintas parroquias tudenses.

Calendario de Reunións do Equipo de Goberno nas Parroquias

  • Luns, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Guillarei
  • Xoves, 14 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
  • Venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis