Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Domingo concerto de solistas da banda de música Tudense no adro da catedral

13/06/2013

 

Xoves, 13 de xuño de 2013. Este domingo, 16 de xuño, a partir das 20,00 horas terá lugar no Adro da Catedral de Tui (na Praza da Concello) un concerto de solistas da Banda de Música Popular de Tui.

 

Con esta actividade a Banda de Música tudense pretende difundir a súa actividade e a capacidade interpretativa dos seus integrantes ao tempo que divulgar o importante papel que esta agrupación desenvolve a prol da actividade cultural da nosa cidade e a súa contorna.