Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio do Louro pide reducir o consumo na medida do posible hoxe mércores ante as obras de reparación dunha avaría que obrigarán a cortar o subministro aos depositos

11/10/2023

Hoxe mércores, o Consorcio de Augas do Louro, vai proceder á reparación dunha avaría rexistrada na Rede Xeral do Miño, tras detectar unha fuga na tubaxe que conecta a captación do río Miño coa ETAP de Chans. A avaría rexistrouse nunha tubaxe de gran diámetro, situada na Avenida da Concordia, e de complicada reparación.  Por iso para levar a cabo o arranxo da avaría será preciso interromper o subministro aos depósitos durante todo o día. 

O Consorcio non prevé que se produza ningunha interrupción no subministro á veciñanza, xa que a reserva de auga dos depósitos será suficiente para manter o servizo sen incidencias. 

Porén dende o Consorcio do Louro prega á poboación do Concello de Tui aos do Baixo Miño que abastece, que ante a incidencia de hoxe mércores, reduza o consumo na medida do posible. Isto, indican, mellorará a garantía de subministro ante calquera incidencia na reparación.

Hoxe Aqualia disporá todos os medios necesarios para a complexa intervención prevista sen ter que  afectar ao subministro á poboación.