Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro rebaixa o prezo por baleirado de fosas sépticas

6/07/2022

O importe a aboar pasa de 100 a 40 euros tras modificar a Ordenanza Reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de pozos negros e fosas sépticas

O Comité Directivo do Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, e do que forman parte os concellos de Tui, Salceda de Caselas, Mos e O Porriño, vén de aprobar a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de limpeza de pozos negros e fosas sépticas, e o posterior traslado dos residuos ás instalacións da EDAR de Guillarei. Esta modificación permite rebaixar o prezo que a veciñanza que non dispón de conexión á rede pública de saneamento ten que pagar polo baleirado da fosa séptica.

Ata o de agora o prezo a aboar era de 100 euros, reducíndose agora a 40 euros mais IVE por cuba de 5 m3 ou fracción e por cada 90 minutos ou fracción. Tamén se rebaixa a limpeza de acometidas, canos e desaugadoiros a 40 euros.