Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia activaron o Plan de emerxencia contra a seca nos catro Concellos que xestionan, Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.

12/07/2022

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia activaron o Plan de emerxencia contra a seca nos catro Concellos que xestionan, Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas. Estas medidas tamén afectan os concellos que se abastecen desde as instalacións do Consorcio, Tomiño, O Rosal e A Guarda.

Fan así un chamamento para que tanto os municipios como os cidadáns a nivel particular procedan a activar medidas de redución de consumos, como a restrición de regas, evitar o lavado innecesario dos coches, limitar o enchido das piscinas ou reutilizar a auga para outros usos e así evitar problemas maiores na época na que nos adentramos, cando menos chove e a demanda de auga aumenta.

As medidas adoptadas en situación de prealerta buscan a anticipación ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia dos concellos e cidadanía en xeral sobre a necesidade de facer un consumo responsable.

 Lembran así pequenos xestos diarios cos que podemos axudar a coidar e consumir a auga de maneira responsable:

  •  Pechar ben a billa sen que gotee
  • Ducharse en lugar de bañarse. Pechar a ducha mentres te enxabonas ou lavas o pelo. 
  • Pechar a billa mentres lavas os dentes
  • Recoller a auga que se deixa correr para que enfríe o quente nun recipiente para empregala noutros usos
  • Lavar froitas e verduras nun recipiente. 
  • Usar a lavadora a plena carga
  • No empregar o inodoro coma papeleira
  • Minimizar a rega de xardíns axustando o consumo todo o posible.